Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34971

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

APROBACIÓN definitiva da modificación puntual do Plan parcial SUB-SI-Santa Isabel: modificación da ordenanaza residencial.

De conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e disposicións conexas, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do 18 de xuño de 2021, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan parcial SUB-SI-Santa Isabel: modificación da ordenanza residencial promovida polo Concello de Outeiro de Rei.

O contido íntegro do plan estará dispoñible para o público no enderezo electrónico: https://outeiroderei.sedelectronica.gal/transparency/

O contido do informe ambiental estratéxico publicouse no DOG nº 158, do 7 de agosto de 2020.

As medidas previstas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan son as seguintes:

– Comprobación de que a superficie de actuación non supera a proxectada.

– Control sobre os usos do solo, que se deberán adaptar estritamente aos propostos na modificación.

Contra o devandito acordo, definitivo na vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de resposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Non obstante, unha vez interposto o recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para emitir e notificar a resolución.

Outeiro de Rei, 28 de xuño de 2021

José Pardo Lombao
Alcalde