Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 22 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións de diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 05-01-2021/2.1.A e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícase ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, faíselles saber que a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), reclamación administrativa previa ante esta xefatura territorial, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra a resolución da reclamación administrativa cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, no prazo dos dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán presentarse ante a Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de lunes a viernes.

Advírtese ás persoas interesadas que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 22 de xuño de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Angela dos Santos Inacio

05-01-2021/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo

2

Yaira Lissette Martina Hilario

05-01-2021/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo

3

Anderson Berroa Alcantara

05-01-2021/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo