Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 8 de xullo de 2021 Páx. 34928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Ludus Tempori, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, fago público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Ludus Tempori, S. Coop. Galega, pola modificación do seu enderezo (rúa Calzada das Gándaras, 3, portal 2, 5ºA, 27003 Lugo) e á ampliación do seu obxecto social (restaurantes e postos de comida; provisión de comidas preparadas para eventos; asistencia e servizos sociais para nenos, mozos, diminuídos físicos e anciáns, en centros residenciais; servizos de limpeza; psicoloxía, logopedia e terapia ocupacional).

Lugo, 16 de xuño de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo