Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0146/2021-PPM e doce máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0146/2021-PPM e doce máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, nº 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 18 de xuño de 2021

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0146/2021-PPM

32677581D

Inicio

Lg. das Barcias, 32, O Seixo, Mugardos

PSC-FE-0148/2021-PPM

35469538L

Inicio

Rúa Galiñeiro, 33, Meá, A Pedreira, Mugardos

PSC-FE-0151/2021-PPM

32664529K

Inicio

Avda. Bello Piñeiro, 54, O Seixo, Mugardos

PSC-FE-0152/2021-PPM

X7172939K

Inicio

r/ A Igrexa, 4, Mugardos

PSC-FE-0153/2021-PPM

32664846Q

Inicio

Rúa Real, 25, Mugardos

PSC-FE-0158/2021-PPM

32716700M

Inicio

r/ Masaya, 5, 7º A, Ferrol

PSC-FE-0159/2021-PPM

32713550Y

Inicio

r/ Alcalde Quintanilla Martínez, Torre 2, 11 dta., Ferrol

PSC-FE-0167/2021-PPM

32721460G

Inicio

r/ Enrique Granados, ptl.13, baixo dta., Ferrol

PSC-FE-0168/2021-PPM

32718537W

Inicio

Rúa Paz, 3, baixo C, Ares

PSC-FE-0170/2021-PPM

32724581C

Inicio

Lg. das Barcias, 32, O Seixo, Mugardos

PSC-FE-0171/2021-PPM

32738729T

Inicio

Calle Galiñeiro, 35, Meá, A Pedreira, Mugardos

PSC-FE-0177/2021-ORS

32658840J

Inicio

r/ Francisco Vizoso, 7, Franza, Ferrol

PSC-FE-0186/2021-PPM

71885582W

Inicio

Rúa do Choupo, ptl. 4, 1º esqda., Ferrol