Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da Zona de Reestruturación Parcelaria de Grixalba (Sobrado, A Coruña), para ser notificados por comparecencia da toma de posesión provisional.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da Zona de Reestruturación Parcelaria de Grixalba (Sobrado, A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia da resolución da toma de posesión provisional dos predios da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 17 de xuño de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto notificado

Zona de reestruturación parcelaria

36875699Y

Toma de posesión provisional

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

Cabado Santos, Domingo

Toma de posesión provisional

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

Sánchez s/s, Dosinda

Toma de posesión provisional

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

Sánchez Pedrido, Benigno

Toma de posesión provisional

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

SAT San Xulián

Toma de posesión provisional

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

Villar Abad, Pedro

Toma de posesión provisional

Grixalba (Sobrado-A Coruña)

López López, José

Toma de posesión provisional

Grixalba (Sobrado-A Coruña)