Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 28 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO116760 e tres máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes as persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sección de cualificación e valoración de discapacidades, sitas no Edificio Administrativo –ala sur– Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, de non atender ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 28 de maio de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

CO116760

76227372J

Requirimento de emenda da solicitude

3.5.2021

CO198851

76601663W

Requirimento de emenda da solicitude

4.5.2021

CO198886

53183204M

Requirimento de emenda da solicitude

4.5.2021

CO232904

32441267C

Requirimento de emenda da solicitude

4.5.2021