Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 7 de xullo de 2021 Páx. 34820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 17 de xuño de 2021 pola que se notifica acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Meigas Fóra varada na explanada de depósitos do porto de Tragove (Cambados).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Alberto Rodríguez Fernández mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo do 1 de xuño de 2021 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que inicia procedemento para a declaración de abandono da embarcación Meigas Fóra con folio 7ª-CA-3-118-93 varada na explanada de depósitos do porto de Tragove (Cambados) por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo se emíte por atoparse a embarcación varada na explanada de depósitos do porto de Tragove sen actividade nin mantemento ningún e sen aboar as taxas pendentes desde o 19 de setembro de 2018, data esa en que foi trasladada a embarcación en execución de resolución que decretaba caducidade de praza de atracada no porto de Cangas, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236 do 14 de decembro), de Portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a Presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de Portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da división xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao interesado antes identificado un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar ao buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se vaian realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Cara ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia