Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2021 pola que se sinalan datas e se citan os interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicacións de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

Segundo a Resolución do 10 de decembro de 2020 acordouse a aprobación definitiva e someteuse a información pública o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicación de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo, Ourense), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados. O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que se continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto.

Segundo establece o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, o pagamento do prezo xusto soamente se fará efectivo, consignándose no caso contrario, a aqueles interesados que acheguen:

– No suposto de predios inscritos no Rexistro da Propiedade, certificación rexistral ao seu favor, en que conste que se expediu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario. En caso de que existan cargas, deberán comparecer tamén os titulares delas.

– Para os predios que non estean inscritos no Rexistro da Propiedade, os títulos xustificativos do seu dereito, completados con certificacións negativas do Rexistro da Propiedade referidas aos mesmos predios descritos nos títulos. De existiren outros dereitos sobre o predio expropiado, deberán comparecer tamén os seus titulares.

Conforme o artigo 206 do citado Regulamento de xestión urbanística, se o expropiado non quixese aceptar o prezo xusto, non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio, existise contenda respecto á titularidade do ben ou dereito expropiado ou, en xeral, concorrese algún dos supostos do artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa, a Administración consignará o seu importe na Caixa Xeral de Depósitos.

O artigo 55.1 do Regulamento de expropiación forzosa, establece que se redactará a acta de ocupación da cousa ou dereito expropiado a continuación da de pagamento ou consignación. Para proceder ao levantamento destas actas, deberán asistir os titulares persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, con poder suficiente do que achegarán copia, provistos ademais, dos seus documentos orixinais acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, o último recibo sobre o imposto de bens inmobles, e poderán asistir acompañados pola súa conta, se o coidan oportuno, dos seus peritos ou notario.

En consecuencia, convócanse e cítanse os titulares de bens e dereitos afectados polo presente expediente para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación o día 13 de xullo de 2021, que terá lugar no salón de plenos do Concello de Montederramo (Ourense) nas horas e orde especificadas no anexo.

Notifíquese a presente resolución a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente expropiatorio, con indicación a cada un deles da data, hora e lugar en que se procederá ao levantamento das actas de pagamento e ocupación. Publíquese a resolución no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos dos concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo en nun diario dos de maior circulación da provincia. A publicación desta resolución servirá de notificación aos propietarios descoñecidos ou dos cales se ignore o seu domicilio, ou ben tentada a notificación, esta non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 41.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2021

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Actas de pagamento e ocupación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a regularización, execución e implantación do Centro de Telecomunicacións de Meda (Monte Cabeza de Meda, entre os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Montederramo, Ourense), incluído no Plan sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestruturas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia xestionadas por Retegal, S.A.

Nº de predio

Nº catastro

Titular

DNI/NIF

Día

Hora

Lugar

Pol.

Parc.

1

1

559

CMMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

(Montederramo)

***2609**

13 de xullo de 2021

11.30 h

Salón de plenos do Concello de Montederramo

2

40

4

CMMVMC de Cacharrequille

(Xunqueira de Espadanedo)

***2507**

13 de xullo de 2021

11.15 h

Salón de plenos do Concello de Montederramo

3

1

559

CMMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

(Montederramo)

***2609**

13 de xullo de 2021

11.40 h

Salón de plenos do Concello de Montederramo

4

1

559

CMMVMC de Cacharrequille, Os Currás, O Medón e As Ratoeiras

(Montederramo)

***2609**

13 de xullo de 2021

12.00 h

Salón de plenos do Concello de Montederramo