Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34476

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 29 de xuño de 2021 pola que se amplía o crédito da Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN519B).

A través da Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2021), convocáronse para o ano 2021 as subvencións encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 18 de decembro de 2020, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará unha contía de 2.300.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.732-A 760.0, coa posibilidade de incrementar esas cantidades en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, feito que non suporá a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Para a tramitación dos expedientes de axuda desta convocatoria o crédito orzamentario inicial deberase incrementar para atender as necesidades de fondos para a súa tramitación, polo que procede a oportuna modificación orzamentaria incorporando crédito na aplicación 06.02.732-A 760.0 Actuacións para infraestruturas en polígonos industriais, por un importe total de 1.827.861,62 euros.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Modificar o artigo 2 da parte dispositiva da Orde da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, do 18 de decembro de 2020, no referente ao crédito orzamentario destinado, incrementando este en 1.827.861,62 euros, polo que pasa de 2.300.000,00 euros á cantidade final de 4.127.861,62 euros.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2021

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación