O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de xaneiro a abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2021
Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021
Convenio |
Data de sinatura |
Importe total |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia no ano 2021. |
28.1.2021 |
80.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
11.2.2021 |
59.361,82 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
11.2.2021 |
23.068,07 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U, editora do xornal Diario de Pontevedra, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da conselleria que resulten de interese para a cidadanía. |
11.2.2021 |
12.302,97 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade La Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
11.2.2021 |
8.919,65 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
11.2.2021 |
3.383,32 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Corporación Voz de Galicia S.L.U., para elaborar e publicar en La Voz de Galicia información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
18.2.2021 |
149.788,64 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
19.2.2021 |
22.452,92 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade editorial La Capital, S.L., editora dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía. |
19.2.2021 |
8.612,08 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia para apoiar a estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2021. |
24.2.2021 |
80.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Federación Gallega de Estaciones de Servicio (Fegaes), para a elaboración dun plan estratéxico no sector das estacións de servizo en Galicia. |
5.3.2021 |
30.000,00 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Bande para a obtención do recoñecemento legal da condición mineromedicinal e termal das augas quentes de Bande (Ourense). |
8.4.2021 |
18.102,81 € |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallista da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos bonos Activa comercio. |
8.4.2021 |
90.000,00 € |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dos bonos Activa comercio. |
30.4.2021 |
Non ten achega económica |