Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 17 de xuño de 2021 polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Tui (expediente SCOVID/TUI/0018 e nove máis).

O Concello de Tui acordou a incoación dos expedientes sancionadores número
SCOVID/TUI/0018 e nove máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do inicio do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica atópase á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, durante o prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte a esta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Tui, situadas na praza do Concello, 1, Tui, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación entenderase producida, para todos os efectos, o día seguinte ao vencemento do prazo.

As persoas interesadas dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para achegar ante a persoa instrutora do expediente cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, de ser o caso, propor proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non efectuar alegacións no referido prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, infórmaselles ás persoas interesadas que a sanción que se indica no acordo de incoación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 %, no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 %, no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

O presente anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

Pablo Crego Gil
Funcionario da unidade tramitadora

ANEXO

Número

de expediente

DNI/CIF

da persoa

interesada

Infracción

imputada

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

SCOVID/TUI/0018

50803005F

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c.1º) Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) Lei 33/2011

Artigo 31.2 RD Lei 21/2020

80 €

SCOVID/TUI/0028

36162346K

100 €

SCOVID/TUI/0031

32607574Z

SCOVID/TUI/0057

35578470T

SCOVID/TUI/0060

35598840S

SCOVID/TUI/0066

SCOVID/TUI/0070

35552577M

SCOVID/TUI/0076

5030715394443

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c.1º) Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) Lei 33/2011

Artigo 31.2 RD Lei 21/2020

100 €

SCOVID/TUI/0077

45158815V

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á dita obriga

Artigo 57.2.c.1º) Ley 33/2011, de 4 de octubre, xeral de saúde

Artículo 58.1.c) Ley 33/2011

Artigo 31.2 RD Ley 21/2020

100 €

SCOVID/TUI/0092

35638723Q