Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo de revisión de esbozo do monte Mudia en Bozo, do concello da Pastoriza (expediente 40/78).

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 2.6.2021, figura o seguinte acordo:

– Monte Mudia en Bozo (expediente 40/78), pertencente aos veciños da parroquia de Loboso, no concello da Pastoriza.

O 18.1.2021 tivo entrada un informe (2019_53) elaborado polo Distrito Forestal X-Terra Chá, para que se proceda á revisión parcial do esbozo do monte, co obxecto de actualizar a superficie clasificada e parte dos seus límites á realidade do monte, segundo os límites catastrais. De conformidade coa nova cartografía, o monte Mudia en Bozo pasa a ter 147,65 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O esbozo revisado correspóndese co plano do anexo, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 17 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

Esbozo revisado do MVMC Mudia en Bozo

missing image file