Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34469

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 96/2021, do 29 de xuño, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.),

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.), as seguintes persoas:

– Armando Iglesias Rodríguez

– Francisco Carrera Pérez

– Joaquín García Gutiérrez

Santiago de Compostela, vinte e nove de xuño de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente