Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 6 de xullo de 2021 Páx. 34468

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 95/2021, do 29 de xuño, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.),

DISPOÑO:

Artigo único

Que cesen, como membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.):

– Omar Ceveira Vázquez

– Roi Fernández Rodríguez

– Alejandro Rodríguez Pazos

Santiago de Compostela, vinte e nove de xuño de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente