Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 34012

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de notificación de orde de execución de limpeza de leiras (Gestiona 773 URB 9/2021).

En aplicación do disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen que fose posible a súa práctica por causa non imputable a esta Administración, e en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal, e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e das referencias catastrais de dúas parcelas en situación de risco de incendio, ao resultar infrutuosa a notificación practicada, a fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Poligono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

Gestiona 773/2021

Urb 09/2021

Poligono 16 parcela 39

Pedornes

Mª Carmen Valverde Pombal

(notificación infrutuosa)

36036A016000390000QT

Poligono 16 parcela 456

Pedornes

36036A016004560000QT

En todo caso, o cómputo dos prazos comenzará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 28 de xuño de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa