Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 2 de xullo de 2021 Páx. 34011

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de nomeamento da Xefatura da Área de Obras e Servizos.

De conformidade co disposto no Real decreto 364/1995 e no artigo 62 do RDL 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, e en virtude do nomeamento contido no Decreto da Alcaldía 1272/2021, faise público o nomeamento de Dolores Otero Fernández que toma posesión o 20 de maio de 2021 como xefa da Área de Obras e Servizos.

Arteixo, 25 de maio de 2021

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente