Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de xuño de 2021 polo que se notifica a resolución de liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria de orde de demolición (expediente 107B 2009/6-0).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 1 de febreiro de 2021, resolución pola que se realiza a liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria de orde de demolición de dúas edificacións con tipoloxía de vivenda unifamiliar, no termo municipal de Quiroga.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución aos herdeiros de Manuel Marcos Dacal, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente, de acordo co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado dende o día seguinte ao da recepción desta notificación. Se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata a súa desestimación por silencio administrativo. Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística