Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 1 de xullo de 2021 Páx. 33496

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento TR358A).

BDNS (Idenf.): 572518.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Programa de entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas. Serán beneficiarias aquelas entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que estean inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento TR358A).

Cuarto. Importe

O importe será de 200.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral de presentación de solicitudes do programa regulado nesta orde será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade