Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Recuamento LMT TUI803 na Bouza Valada, nos concellos de Tui e Tomiño, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/165-4).

A instalación denominada Recuamento LMT TUI803 na Bouza Valada, nos concellos de Tui e Tomiño, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 12 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, coa condición de beneficiaria da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 21 de setembro de 2021, a partir das 11.00 horas no Concello de Tui e a partir das 12.00 horas no Concello de Tomiño, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e nos taboleiros de edictos dos concellos de Tui e Tomiño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios e serán informadas de que poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 9 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Recuamento LMT TUI803 na Bouza Valada

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

Concello

1

36055A078003680000UY

A Bouza Valada

Agrario

Descoñecido

1

13,69

Tui

2

36055A037008590000B

A Bouza Valada

Agrario

Descoñecido

2

11,65

Tomiño