Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33172

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 22 de xuño de 2021 pola que se amplía o crédito da Orde do 29 de decembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), se convocan as correspondentes ao ano 2016 e se fixa o crédito dispoñible na convocatoria 2021 tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155B).

O artigo 13.4 da Orde do 3 de agosto de 2016 e o artigo 10.3 da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se modifica a orde de bases establecen que os importes consignados en cada convocatoria poderán ser ampliados en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que isto dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contra na orde que se publique para o efecto.

Unha vez pechado o exercicio 2020 e aprobados os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021, compróbase a dispoñibilidade de crédito no proxecto orzamentario 2016-00323, destinado a financiar as presentes axudas.

Co fin de mellorar a eficiencia do uso dos fondos públicos, a execución dos fondos consignados no plan financeiro e de incrementar o grao de execución orzamentaria, considérase axeitado ampliar o importe do crédito inicial para os denominados proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais.

Por todo isto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora das normas da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación de crédito

1. Amplíase o crédito máximo destinado a financiar as subvencións que se concedan a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais, con cargo á aplicación 15.03.723C.780.1, para a anualidade 2022, da convocatoria do ano 2021 das axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, nun importe de 38.993 €.

2. O novo importe total máximo, sumando o importe inicial xa publicado e a presente ampliación, é o fixado no cadro seguinte:

Aplicación

2021

2022

Total

15.03.723C.780.1

250.000 €

182.993 €

432.993 €

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar