Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2021 Páx. 33323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de xuño de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de sendas na AC-433 (antiga traza) en Soesto e Serantes, coa clave AC/19/129.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas, do 14 de xuño de 2021, aprobouse provisionalmente o proxecto de construción de sendas na AC-433 (antiga traza) en Soesto e Serantes, coa clave AC/19/129.06, no concello de Laxe (A Coruña).

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos. Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Así mesmo, a actuación proxectada ten como finalidade acadar unha circulación segura dos viandantes ao dotar os treitos dunha maior seguridade viaria.

A senda en Soesto proxéctase pola marxe esquerda da AC-433 (marxe coa maior urbanización e a que se emprega para ir á praia de Soesto), entre os puntos quilométricos (pp.qq.) aproximados 10+240 ao 10+821. A senda de Serantes proxéctase entre os pp.qq. 11+390 ao 12+112, pola marxe dereita da estrada, coa finalidade de garantir un itinerario continuo e facilitar a comunicación coa igrexa de Sta. María de Serantes e co cemiterio.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese este proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos desta resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Laxe (avenida Cesáreo Pondal, 26, 15117 Laxe, A Coruña).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción

Sendas na AC-433 (antiga traza) en Soesto e Serantes, coa clave AC/19/129.06.

Concello de Laxe.

1. Soesto.

Nº orde

Parcela

Polígono

Referencia catastral

Titular

DNI

Superficie catastral (m2)

Afeccións (m2)

Situación básica do solo

Expropiación

Aproveitamento

Outros bens

1

43

502

002504300MH98D0001UF

Vigo Caamaño, María Soledad

***3435**

1.063,00

1,25

Residencial

Urbanizado

2

354

502

15041A502003540000DW

Allo Pose, Manuel

***2162**

933,00

5,55

Solo sen edificar

Urbanizado

3

353

502

15041A502003530000DH

Santos Suárez, Avelina

***2074**

940,00

9,85

Solo sen edificar

Urbanizado

4

352

502

15041A502003520000DU

Pose Lema, Manuel (Hros. de)

***3804**

1.041,00

20,60

Solo sen edificar

Urbanizado

5

351

502

15041A502003510000DZ

García Suárez, Elvira e outro

***6021**/***4619**

786,00

4,55

Solo sen edificar

Urbanizado

6

350

502

15041A502003500000DS

Suena Toja, Manuel (Hros. de)

***3470**

661,00

2,95

Solo sen edificar

Urbanizado

7

349

502

15041A502003490000DU

Vázquez Torrado, Jesús e outros

***2214**/sen datos

1.360,00

7,40

Solo sen edificar

Urbanizado

8

340

502

15041A502003400000DK

Santos Abelleira, Lucinda

***1300**

852,00

15,00

Solo sen edificar

Urbanizado

9

328

502

15041A502003280000DP

Pereira Paz, Elsa e outro

***4629**/***3092**

1.768,00

25,25

Solo sen edificar

Urbanizado

2. Serantes.

Nº orde

Parcela

Polígono

Referencia catastral

Titular

DNI

Superficie catastral (m2)

Afecciones (m2)

Situación básica do solo

Expropiación

Aproveitamento

Outros bens

10

527

504

15041A504005270001FJ

Vilariño Lema, Edelmiro

Sen datos

1.978,00

37,95

Varios

Alpendre

Urbanizado

11

526

504

15041A504005260000DU

García Pazos, María Carmen

***4170**

12.299,00

70,70

Agrario

Urbanizado

12

5020

504

15041A504050200000DR

Senandez Vázquez, José Benito

***2512**

906,00

1,60

Solo sen edificar

Urbanizado

13

388

504

15041A504003880000DR

Rivera Mourín, Carmen

***9188**

2.585,00

2,60

Agrario

Urbanizado

14

302

504

15041A504003020000DZ

Ordóñez Vidal, Teresa

***5581**

1.367,00

22,60

Solo sen edificar

Urbanizado

15

299

504

15041A504002990000DE

Miñones Vázquez, Marcelino Jesús e outros

***7084**/***1088**/

***6145**

1.054,00

38,85

Solo sen edificar

Urbanizado

16

298

504

15041A504002980001FK

De la Sierra Vázquez, Encarnación e outros

***6315**/***4382**/

***4382**

2.905,00

124,70

Solo sen edificar

Urbanizado

17

297

504

15041A504002970000DI

Pose Silva, Julia

***4517**

466,00

48,15

Solo sen edificar

Urbanizado

18

296

504

15041A504002960000DX

Mouzo Bello, Juan Antonio

***4843**

838,00

30,70

Agrario

Rural

19

295

504

15041A504002950000DD

Pose Fandiño, Julio e outra

***6722**/***0018**

420,00

23,80

Solo sen edificar

Urbanizado