Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña a CTC, no concello de Barro, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/186-4).

A instalación denominada Reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña a CTC, no concello de Barro, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 22 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 14 de setembro de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Barro.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 7 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro; DOG núm. 5, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Reordenación TIB810 e cambio CTI A Porriña por CTC:

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

nº apoio

m² solo

ml sub.

m² subsolo

Concello

1

36002A203000900000AF

Braña

Agrario

Descoñecido

CT

29,18

13

29,48

Barro

2

36002A325000800000BU

A Balada

Solar

Descoñecido

5

16,27

Barro