Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Martes, 29 de xuño de 2021 Páx. 32966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de ampliación do monte veciñal de Benade, do concello de Lugo (expediente 3/2019).

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 2.6.2021 baixo a presidencia de María Olga Iglesias Fontal, e coa asistencia dos vogais Miguel Ángel Cela González, Josefina Pereira de la Riera e Antonio José López-Acuña Herrero, e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Nome: Benade (ampliación).

– Pertenza: veciños da parroquia de Benade (Lugo).

– Parroquia: Benade.

– Concello: Lugo.

– Superficie: 3,32 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse as referencias catastrais das parcelas clasificadas así como das estremeiras. O plano que figura no anexo I, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Parcela obxecto de clasificación

Concello

Estremas

27900A35200072

Lugo

Norte

27900A35200029

Leste

27900A35209002 (camiño)

Sur

27900A35209005 (camiño)

Oeste

27900A35209005 (camiño)

002200700PH27A, 27900A35709002

Lugo

Norte

27900A35700001

Leste

27900A35700001

Sur

27900A35700001

Oeste

27900A35700001

27039A11300473 (parcialmente)

Outeiro de Rei

Norte

27039A11300473

27039A11300322

27039A11300323

Leste

27039A11300473

Sur

27900A35800094

Oeste

27039A11300473

Tendo en conta esta ampliación, o MVMC da Comunidade de Benade pasa a ter unha superficie de 62,15 hectáreas.

Contra esta resolución, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. O anterior, en relación co precepto legal recollido no artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e no artigo 28 do seu regulamento.

Lugo, 7 de xuño de 2021

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file