Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Rosal (expediente IN407A 2021/21-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construcción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución do apoio 9QCU6MOW da LMT ROS803.

Situación: O Rosal.

Características técnicas: substitución do apoio 9QCU6MOW da LMT ROS803 por un C-1000/12, no cal se instala un reconectador. LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 154 metros de lonxitude, con orixe no apoio C-1000/12 proxectado e final no apoio existente 9Q9IFCTF.

A instalación está situada no Rosal.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 18 de febreiro de 2021, no BOP do 10 de febreiro de 2021, no xornal Faro de Vigo do 3 de febreiro de 2021 e no taboleiro de anuncios do concello do Rosal. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG núm. 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construcción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 4 de xuño de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro; DOG núm. 5, do 11.1.2021, artigo 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial de Pontevedra