Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2021 Páx. 32660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PMC 270/2021/1).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 Reforzo Bis da Coruña, fago saber que no procedemento peza de medidas preventivas 270/2021/1 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Alu Ibérica LC, S.L., Alcoa Inespal, S.L., Grupo Industrial Riesgo (Pm Mr 1866, S.L.), Alu Holding AC Spain, S.L., System Capital Management, S.L., Parter Capital Group AG, Alu Ibérica AVL, S.L., Blue Motion Technologies Holding AG, Alu Holding AVL 2019 Spain, S.L., Alúmina Española, S.A., Aluminio Español, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Blanco Aquino.

A Coruña, 21 de maio de 2021.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Presentouse demanda que foi repartida a este órgano xudicial, e respecto da cal se sinalara data para a celebración dos actos de conciliación e xuízo.

Segundo. En data, as partes presentaron escrito en que solicitaban a homologación de acordo extraxudicial alcanzado, que se dá por reproducido nos seguintes termos:

– A empresa Alu Ibérica LC, S.L. repón o demandante nas súas funcións de representación durante a tramitación do procedemento de despedimento.

– O traballador acepta o ofrecemento.

– Acordo aprobar a avinza alcanzada entre as partes e que se reflicte no antecedente segundo da presente resolución e arquivar as actuacións.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Poderá interpoñerse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta nº do , e consignar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a empresa Grupo Industrial Riesgo (PM MR 1866, S.L.), Alu Holding Ac Spain, S.L., System Capital Management, S.L., Parter Capital Group Ag, Blue Motion Technologies Holding AG, Alu Holding AVL 2019 Spain, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza