Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 31 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000035089 e catro máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo dos intentos de notificación realizadas sen que fose posible efectualas por causas non imputables á Administración, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas dos requirimentos das emendas das solicitudes ditados nos procedementos instados por elas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, situada no Centro Base-rúa Serra dos Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que estes requirimentos, que se notifican por comparecencia, outorgan ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para a emenda da solicitude. Transcorrido o dito prazo sen realizaren a emenda, consideraranse desistidas da súa petición, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e arquivarase o expediente logo de resolución ditada de conformidade co disposto no artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 31 de maio de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000035089

34181053V

Requirimento documentación

10.2.2021

LU-0000027323

33751174P

Requirimento documentación

10.2.2021

LU-0000027372

34211217M

Requirimento documentación

29.10.2020

LU-0000051504

76551320Y

Requirimento documentación

20.1.2021

LU-0000052524

35993360Q

Requirimento documentación

21.4.2021