Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 25 de xuño de 2021 Páx. 32284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 1 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións administrativas ditadas en varios procedementos (expediente BS210A LU-0000039940 e seis máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectualas por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos instados por elas, relativos aos expedientes relacionados no anexo.

Para os efectos da notificación, as persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer, para teren coñecemento íntegro do acto e constancia del, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base-rúa Serra dos Ancares nº 68-baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, ante a persoa titular da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, conforme o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 1 de xuño de 2021

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Proced. BS210A

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

LU-0000039940

34307797P

Resolución de caducidade

11.11.2020

LU-0000046481

33579131M

Resolución de renuncia

22.1.2021

LU-0000046981

14956690C

Resolución de desistencia

18.1.2021

LU-0000045928

76601617W

Resolución de caducidade

12.11.2020

LU-0000040114

33558976K

Resolución de caducidade

11.11.2020

LU-0000041303

33742676C

Resolución de caducidade

11.11.2020

LU-0000043866

33605924A

Resolución de caducidade

18.1.2021