Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción do proxecto de ampliación das instalacións electromecánicas do interior do edificio da Central hidroeléctrica de Cerves, nos concellos de Melón e Ribadavia (expediente IN408A 2021/1-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométense a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción para as instalacións eléctricas que se describen a continuación:

Denominación: proxecto electromecánico do proxecto de mellora do interior do edificio da Central hidroeléctrica do río Cerves e aumento de caudal.

Situación: concellos de Melón e Ribadavia (Ourense).

Concesionaria: Naturgy Wind, S.L.U.; CIF: B64645146.

Solicitante/arrendatario: Hidroeléctrica del Giesta, S.L.; CIF: B15349251. Cantón Grande nº 6-6º; 15003 A Coruña.

Características técnicas:

Instalacións electromecánicas:

– Grupo I. Turbina Pelton de eixo vertical, potencia máxima de 5.955 kW e caudal nominal de 2.300 l/s, acoplada a un xerador síncrono trifásico de 5.660 kW de potencia.

– Grupo II (novo grupo). Turbina Pelton de eixo horizontal, potencia máxima de 2.562 kW e caudal nominal de 1.000 l/s, acoplada a un xerador síncrono trifásico de 2.435 kW de potencia.

– Transformador de potencia trifásico de 10.000 kVA; r.d.t. 20/6 kV.

– Transformador para servizos auxiliares 50 kVA; r.d.t. 20/0,400 kV.

– Equipamento auxiliar de protección, control, telemando e medida da enerxía eléctrica producida pola Central.

Aproveitamento:

– As características que figuran na Resolución da Dirección Xeral da Auga do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, do 26 de maio de 2021, pola que se autoriza a modificación da concesión de auga do río Cerves, nos termos municipais de Melón e Ribadavia (Ourense), con destino á produción de enerxía eléctrica no Salto do Cerves, outorgados por Resolución da Confederación Hidrográfica do Norte do 1 de outubro de 1990, son:

– Río: Cerves.

– Concellos: Melón e Ribadavia (Ourense).

– Tipo de explotación: fluínte.

– Caudal máximo instantáneo: 3.300 l/s.

– Volume máximo anual: 40,02 Hm3.

– Salto bruto: grupo I: 315,88 m; grupo II: 312,90 m.

– Potencia total (grupo I + grupo II): 8.095 kW.

Tramitación ambiental:

– Con data do 27 de xullo de 2012, a Secretaría de Estado do Medio Ambiente emite resolución sobre a avaliación de impacto ambiental do proxecto, en que resolve que, de acordo co texto refundido da Lei de avaliación do impacto ambiental de proxectos, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, non se considera necesaria a tramitación prevista na sección 1ª do capítulo II da dita lei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución. Toda a documentación pode examinarse nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web desta consellería:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 17 de xuño de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense