Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2021 Páx. 31885

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 7 de xuño de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para a vinculación temporal por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área para os servizos sanitarios de atención especializada.

Advertido erro no anexo do citado anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 117, do 22 de xuño de 2021, na páxina 31433 é necesario efectuar a seguinte corrección:

Onde di:

«Especialidade: medicina interna.

Nº de prazas: unha.

Tipo de nomeamento: interinidade en praza vacante.

Titulación: título oficial da especialidade de análises clínicas ou bioquímica clínica».

Debe dicir:

«Especialidade: análises clínicas.

Nº de prazas: unha.

Tipo de nomeamento: interinidade en praza vacante.

Titulación: título oficial da especialidade de análises clínicas ou bioquímica clínica».