Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31650

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 17 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para profesionais autónomos e empresas que sufran perdas de ingresos derivados da crise provocada pola COVID-19, para desenvolver espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302E).

BDNS (Identif.): 571063.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dadas de alta no IAE cun ano mínimo de antigüidade nas epígrafes 965.2, 965.3 e 965.4 e que desenvolvan espectáculos musicais con público de xeito habitual e profesional en Galicia.

2. Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as agrupacións de entidades que cumpran cada un dos requisitos anteriormente sinalados de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para os supostos de agrupacións, os membros non poderán presentar proxectos de forma individualizada.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para profesionais autónomos e empresas que se dediquen a realizar espectáculos musicais con público e que sufran perdas de ingresos derivados da crise provocada pola COVID-19, para desenvolver os citados espectáculos dentro da programación do Xacobeo 21-22.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para profesionais autónomos e empresas que sufran perdas de ingresos derivados da crise provocada pola COVID-19, para desenvolver espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302E).

Cuarto. Importe

O importe global máximo para o financiamento desta convocatoria será de 1.000.000 de euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic para o ano 2021, código de proxecto Xacobeo 2020-0001.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais