Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31652

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2021 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no ano 2020 e no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración asinados no ano 2020 e no primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son

Addenda ao convenio de colaboración para a conservación, mantemento e colaboración na execución das obras de acondicionamento do bordo interior de Porto do Son (convenio asinado o 11.12.2018)

8.1.2020

3.877.022,27 €

Portos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

10.1.2020

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Valga

Construción de embarcadoiro no termo municipal de Valga (Pontevedra)

27.5.2020

332.439,27 €

Portos de Galicia, a Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona e o Concello de Baiona

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Baiona no seu conxunto e ordenación do tráfico na zona portuaria de Frontal da lonxa do porto

6.7.2020

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Pontecesures

Actuación de melloras viarias en diversas pistas de Pontecesures e, en concreto, dentro deste proxecto na actuación de mellora do pavimento na travesía Feira do Automóbil

6.7.2020

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Portonovo no seu conxunto e ordenación do tráfico na zona portuaria

8.7.2020

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Addenda ao convenio para a execución das actuacións de reordenación do paseo das Carolinas e do parque García Bayón, no concello de Ribeira (convenio asinado o 22.4.2019)

18.8.2020

479.139,26 €

Portos de Galicia e a empresa Ence Energía y Celulosa, S.A.

Tráficos de pasta de papel operados a través do porto de Ribadeo

2.1.2021

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ribeira

Addenda segunda ao convenio para a execución das actuacións de remodelación do parque García Bayón e do paseo das Carolinas, no concello de Ribeira (convenio asinado o 22.4.2019 e addenda asinada o 18.8.2020)

10.2.2021

339.139,60 €

Portos de Galicia e o Concello de Porto do Son

Addenda segunda ao convenio de colaboración para a conservación, mantemento e colaboración na execución das obras de acondicionamento do bordo interior de Porto do Son (convenio asinado o 11.12.2018 e addenda asinada o 8.1.2020)

24.3.2021

2.577.022,27 €

Portos de Galicia, Concello de Sanxenxo, Colexio Oficial de Arquitectos e Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos

Remodelación e ampliación dos terreos que ocupa o porto de Portonovo, no concello de Sanxenxo

26.4.2021

24.000,00 €

Portos de Galicia e o Concello de Moaña

Execución, conservación e mantemento de distintas instalacións no porto de Moaña

26.4.2021

Non ten