Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 23 de xuño de 2021 Páx. 31529

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 3 de xuño de 2021 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

A Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, regula, no seu artigo 11, a composición e o réxime de elección das persoas que integran o Consello da Economía Social de Galicia e, no artigo 12, o seu nomeamento e cesamento, duración do mandato e substitucións.

A composición do Consello da Economía Social de Galicia foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 37, do 21 de febreiro de 2019. Esta composición foi modificada pola Orde do 7 de novembro de 2019 e polas ordes do 2 de marzo de 2020 e do 16 de novembro de 2020 polas que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

Os cambios de adscrición producidos na consellería competente en materia de economía social e na dirección xeral competente en materia de economía social fan necesario substituír a persoa representante da dita consellería e a persoa titular da Secretaría do Consello da Economía Social de Galicia.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e o artigo 12 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro

Que cesen Alba Paz Boubeta como vogal titular en representación da consellería competente en materia de economía social e José Luis Trincado Álvarez como secretario do Consello da Economía Social de Galicia.

Segundo

Nomear a Susana Touza Figueiras, na súa condición de subdirectora xeral de Economía Social, como vogal titular en representación da consellería competente en materia de economía social e a Modesto Rivas Fidalgo, na súa condición de xefe do Servizo de Promoción da Economía Social, como secretario do Consello da Economía Social de Galicia.

Contra esta orde poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición, ante a conselleira de Emprego e Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade