A representación da Asociación Banda de Música Unión Musical de Valadares solicita a autorización de apertura e funcionamento do centro de música profesional (Cemu) Unión Musical de Valadares, en Vigo, para impartir as ensinanzas profesionais de música.
O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, que establece os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, e o Decreto 253/1995, do 29 de setembro, desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995, regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial de Pontevedra, que achega o expediente cos correspondentes informes para a autorización das ditas ensinanzas.
Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización
Autorizar a apertura e funcionamento do centro docente cuxos datos se sinalan a seguir:
Denominación xenérica: centro autorizado de música (Cemu) profesional.
Denominación específica: Unión Musical de Valadares.
Código do centro: 36025128.
Enderezo: estrada xeral de Valadares, 233.
Código postal: 36315.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Asociación Banda de Música Unión Musical de Valadares.
Total de postos escolares: 120.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade