Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31250

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de notificación da incoación do expediente de orde de execución subsidiaria 2021/X999/000248 por incumprimento da xestión da biomasa.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 4 da Ordenanza municipal non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello de Ponteceso (BOP nº 149, do 7.8.2018), notifícaselle a Jesús Centeno Rodríguez, con DNI 32358338Y, que mediante a Resolución de Alcaldía 342/2021, do 29 de maio de 2021, se incoou o expediente de orde de execución subsidiaria co número 2019/X999/000248, instruído por incumprimento da xestión da biomasa da parcela urbana con referencia catastral 3204111NH0930S0001TA, sita na rúa Bo Remedios de Corme (Ponteceso).

Así mesmo, apróbase a liquidación provisional dos custos estimados dos traballos de limpeza derivados da execución subsidiaria, que ascenden a un importe de 193,60 euros (IVE incluído), segundo o informe de valoración económica emitido polos servizos técnicos municipais con data do 13 de maio de 2021.

O interesado dispón dun prazo de audiencia de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes. Poderá examinar, dentro deste prazo, o expediente nas oficinas xerais do Concello de Ponteceso, das 9.00 ás 14.00 horas, todos os días laborables, para os efectos de coñecer o seu contido íntegro.

Ponteceso, 1 de xuño de 2021

Xosé Lois García Carballido
Alcalde