Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial (expediente FG 671).

Mediante a Resolución da Alcaldía nº 2020001926, do 26 de abril de 2021, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación de 1.580 m2, parcela 287 do polígono 16, con referencia catastral 15059A016002870000TA, no Parque Forestal de Liáns (documento de abril 2021).

De conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de maio de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente