Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 3 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2020/0198-4.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible efectuala, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante a presente cédula notifícase á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte día ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8-2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Expediente: RL 2020/0198-4.

Acta: I362020000024478.

Empresa: Marcos Portela Romero.

Enderezo: r/ Barcelona, 20-3º C, Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1.b) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 7.2 e 39.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18.2.2021

Resolución: declarar a caducidade da acta de infracción núm. I362020000024478, sen prexuízo de que se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida expedir unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 3 de xuño de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra