Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 21 de xuño de 2021 Páx. 31048

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 7 de xuño de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, determina no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.

Os documentos de titularidade pública son patrimonio documental de Galicia desde a súa creación ou a súa acumulación, tal como establece a citada Lei de arquivos e documentos de Galicia e a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A xestión, custodia e acceso aos documentos de titularidade pública réxense polos principios desta normativa e son responsabilidade directa dos seus titulares.

A Lei de arquivos e documentos establece que non poderá eliminarse ningún documento público se antes non foi avaliado e seleccionado de acordo co procedemento que se estableza para tal fin. Con este obxectivo, o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, que regula a composición do Consello de Avaliación Documental de Galicia, establece o procedemento que se seguirá na avaliación para a selección de documentos.

No procedemento de avaliación, regulado no título II do Decreto 15/2016, establécese que as propostas de avaliación serán sometidas a ditame do Consello de Avaliación Documental de Galicia, que elaborará as táboas de avaliación documental. Aprobadas, de ser o caso, as táboas de avaliación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental, disporá a súa publicación no Diario Oficial de Galicia mediante un extracto, sen prexuízo de facelas públicas na páxina web da consellería.

Así mesmo, mediante Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproban e se fan públicos os criterios de avaliación para a selección, transferencia de custodia e acceso aos documentos, así como o formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais propostos polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017 (DOG núm. 90, do 11 de maio), con carácter xeral, no ámbito da Administración autonómica, os documentos anteriores ao ano 1990 considéranse de conservación permanente e, por tanto, non serán eliminados.

De acordo con esta normativa e procedemento, as series documentais que se mencionan nesta orde foron presentadas ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que, na súa sesión do 23 de marzo de 2021, emitiu o seu ditame a través das táboas de avaliación documental elevadas para a súa aprobación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Para estes efectos, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como as normas de desenvolvemento,

RESOLVO:

Primeiro

Aprobar as táboas de avaliación documental cuxos extractos se recollen no anexo a esta resolución e que corresponden ás seguintes series documentais, procedentes da Administración autonómica, ditaminadas polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na súa sesión do 23 de marzo de 2021:

Universidades galegas:

U006: expedientes de programas de mobilidade internacional de estudantes.

U007: expedientes de concursos públicos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

U008: expedientes de probas de acceso para o persoal de administración e servizos funcionario.

U009: expedientes de probas de acceso para o persoal de administración e servizos laboral fixo.

U010: expedientes de prazas de aloxamento en residencias universitarias públicas

Administración autonómica:

AA768: partes de incendios forestais.

AA5129: expedientes de reclamacións en materia de consumo.

AA5234: expedientes de arbitraxe en materia de consumo.

AA5232: expedientes sancionadores en materia de consumo.

Segundo

Ordenar a publicación das táboas de avaliación documental das mencionadas series, mediante un extracto, no Diario Oficial de Galicia.

Esta orde terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnalo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Extractos das táboas de avaliación de series documentais

Táboa: T0055.

Código da serie: U006.

Denominación: expedientes de programas de mobilidade internacional de estudantes.

Procedencia: universidades.

Datas extremas da serie: 1989-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1989-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso restrinxido: os documentos que conteñen datos persoais que poidan afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media consentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran 25 anos desde a súa morte ou, se non se coñece a data do pasamento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo histórico aos 8 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial: conservación pemanente do expediente, agás:

• Documentación dos cursos de linguas.

• Copias dos impresos de matrícula.

• Certificacións académicas persoais.

• Informes finais dos/das estudantes.

Táboa: T0056.

Código da serie: U007.

Denominación: expedientes de concursos públicos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios.

Procedencia: universidades.

Datas extremas da serie: 1990-2019.

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1990-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso restrinxido: os documentos que conteñen datos persoais que poidan afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media consentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran 25 anos desde a súa morte ou, se non se coñece a data do pasamento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central/intermedio/histórico aos 5 anos desde a firmeza da resolución que remata o procedemento.

Selección: eliminación parcial: conservación permanente de todo o expediente agás a documentación xustificativa de méritos das persoas aspirantes.

Táboa: T0057.

Código da serie: U008.

Denominación: expedientes de probas de acceso para o persoal de administración e servizos funcionario.

Procedencia: universidades.

Datas extremas da serie: 1991-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1991-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos. Os documentos que conteñen datos persoais que poidan afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media consentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran 25 anos desde a súa morte ou, se non se coñece a data de pasamento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo intermedio/histórico aos 5 anos desde o remate do proceso selectivo.

Selección: eliminación parcial. Conservación permanente de todo o expediente agás:

– Instancias e documentación anexa (solicitudes, xustificantes de ingreso de dereitos de exames, copia DNI, certificacións acreditativas de méritos).

– Exames dos aspirantes.

Táboa: T0058.

Código da serie: U009.

Denominación: expedientes de probas de acceso para o persoal de administración e servizos laboral fixo.

Procedencia: universidades.

Datas extremas da serie: 1992-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1992-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos. Os documentos que conteñen datos persoais que poidan afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media consentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran 25 anos desde a súa morte ou, se non se coñece a data de pasamento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo intermedio/histórico aos 5 anos desde o remate do proceso selectivo.

Selección: eliminación parcial. Conservación permanente de todo o expediente agás:

– Instancias e documentación anexa (solicitudes, xustificantes de ingreso de dereitos de exames, copia DNI, certificacións acreditativas de méritos).

– Exames e proxectos dos aspirantes.

Táboa: T0059.

Código da serie: U010.

Denominación: expedientes de prazas de aloxamento en residencias universitarias públicas.

Procedencia: universidades.

Datas extremas da serie: 1990-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1990-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos. Os documentos que conteñen datos persoais que poidan afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media consentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran 25 anos desde a súa morte ou, se non se coñece a data de pasamento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo intermedio/histórico aos 6 anos.

Selección: eliminación parcial. Conservación permanente de convocatorias, actas e listaxes de adxudicación.

Posibilidade de eliminación aos 5 anos do peche do trámite administrativo de solicitudes e documentación achegada polos/as solicitantes.

Táboa: T0060.

Código da serie: AA768.

Denominación: partes de incendios forestais.

Procedencia: Medio Rural.

Datas extremas da serie: 1985-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1985-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso libre.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 10 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 30 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial. Conservación total da documentación anterior a 2007.

A partir de 2007 posibilidade de eliminación total dos documentos de máis de 30 anos. Conservaráse unha mostra de 5 partes de incendio por ano.

Posibilidade de eliminación total dos expedientes tramitados polos distritos forestais.

Táboa: T0061.

Código da serie: AA5129.

Denominación: expedientes de reclamacións en materia de consumo.

Procedencia: Consumo.

Datas extremas da serie: 1983-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1983-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central aos 2 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 15 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 20 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial.

Conservación de documentos de relevancia social importante (tanto pola temática como polo número de implicados na reclamación, nos cales tamén se incluirá a subserie de expedientes de participación preferentes e obrigas subordinadas).

Conservación dun 10 % aleatorio do tramo de 1991-1998.

Conservarase unha mostra de cinco expedientes por ano de cada un dos centros xestores que tramita, a partir de 1999 (incluído).

Posibilidade de eliminación, aos 20 anos, dos expedientes anteriores ao 7 de outubro de 2005 e que teñan os trámites administrativos finalizados.

Posibilidade de eliminación, aos 15 anos, dos expedientes entre o 7 de outubro de 2005 e o 7 de outubro de 2015 e que teñan os trámites administrativos finalizados.

Posibilidade de eliminación, aos 10 anos, a partir do 7 de outubro de 2015 e que teñan os trámites administrativos finalizados.

Táboa: T0062.

Código da serie: AA5234.

Denominación: expedientes de arbitraxe en materia de consumo.

Procedencia: Consumo.

Datas extremas da serie: 1994-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1994-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 10 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 15 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial. Pola relevancia do feito histórico que documentan proponse a conservación da totalidade dos expedientes de participacións preferentes e obrigas subordinadas.

Con carácter xeral, tendo en conta o valor informativo-histórico dos laudos e das actas de audiencia como documentos compiladores da información substancial dos expedientes e testemuño da conformidade dos comparecentes, proponse a conservación destes documentos e a eliminación do resto dos documentos que conforman os expedientes. A eliminación poderá facerse, tendo en conta os prazos de vixencia sinalados e un prazo engadido de 5 anos de cautela, aos 10 anos do peche dos expedientes.

Seleccionaranse como mostra 3 expedientes aleatorios por cada ano acabado en «0» e «5», por cada órgano que tramita.

Táboa: T0063.

Código da serie: AA5232.

Denominación: expedientes sancionadores en materia de consumo.

Procedencia: Consumo.

Datas extremas da serie: 1983-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1983-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 23 de marzo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 10 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 11 anos da finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial.

Conservaranse os expedientes de infraccións moi graves, así como aqueles expedientes que pola súa temática, polo gran número de implicados e pola súa singularidade, son de relevancia para a sociedade.

Aos expedientes producidos desde 1991 a 1998 aplicaráselles unha mostraxe aleatoria dun 10 %.

Pódese eliminar o resto dos expedientes aos 10 anos de finalización do procedemento. Conservarase unha mostra de 5 expedientes completos por ano de cada un dos centros xestores tramitadores.