O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.
Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.
Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:
Solicitud de documentación dentro del procedimiento de revisión de la autorización ambiental integrada. De Heus Nutrición Animal, S.A. (Planta de Oleiros-A Coruña). Ref. informe: 3600/5015/318703/010. 18 de enero de 2021.
Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:
– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático
ANEXO
Memoria resumo
Clave do expediente: 2020-IPPC-M-28.
Peticionario: De Heus Nutrición Animal, S.A.
CIF: A15012180.
Enderezo social: plaza de Mina, 1, 4º dta., 15004 A Coruña.
Localización da instalación: estrada N-VI, km 588, San Pedro de Nós, 15173 Oleiros, A Coruña.
Actividade: fábrica de produción de pensos.
Descrición: o proceso que se leva a cabo é o seguinte: recepción de materias primas, moenda, dosificación e pesaxe de materias primas, mestura, melazadura, granulación, ensacamento e paletización ou distribución a granel.
As augas fecais van, sen tratamento previo, á rede de saneamento municipal. As augas pluviais van, sen tratamento previo, ao terreo. Non se xeran augas residuais industriais.
Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2019/2031 da Comisión do 12 de novembro de 2019 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) respecto ás industrias de alimentación, bebida e leite, conforme a Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as emisións industriais.