Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:
Proyecto básico de solicitud de autorización ambiental integrada y estudio de impacto ambiental de fábrica de piensos. De Heus Nutrición Animal, S.A.U. Octubre de 2020.
Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:
– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático
ANEXO
Memoria resumo
Clave do expediente: 2020-IPPC-I-160.
Peticionario: De Heus Nutrición Animal, S.A.U.
CIF: A15012180.
Enderezo social: plaza de Mina, nº 1, 4º dta., 15004 A Coruña.
Localización da instalación: polígono industrial do Ceao, r/ Factoría, nº 118, 27003 Lugo.
Actividade: fábrica de produción de pensos.
Descrición: o proxecto corresponde a unha ampliación dunha fábrica de produción de pensos. A instalación consta dun edificio industrial, onde se desenvolve a actividade, e unha superficie de celas a granel. Coa ampliación substituiranse equipamentos de moenda e mestura e ampliaranse as baterías de dosificación, o parque de almacenamento de líquidos e as celas de carga a granel. O proceso que se levará a cabo consiste en recepción e almacenamento de materias primas, dosificación de materias primas, moenda, mestura, dosificación de correctores, granulamento, ensacamento ou carga a granel. Estímase unha capacidade máxima de produción de 216.000 t/ano.
As augas sanitarias e fecais vértense, sen tratamento previo, á rede de saneamento do Concello. As augas pluviais vértense, sen tratamento previo, á rede de saneamento de pluviais do polígono industrial. Non se xeran augas residuais industriais no proceso.
Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución 2019/2031 da Comisión do 12 de novembro de 2019 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) nas industrias de alimentación, bebida e leite, de conformidade coa Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as emisións industriais.