Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xuño de 2021 polo que se notifica o acordo de execución subsidiaria ditado no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador coa clave DH.D15.43014.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (en diante, LPAC), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF/NIE 76272689C o acordo, do 24 de setembro de 2020, de execución subsidiaria para o cumprimento da obriga de reposición imposta no expediente sancionador de clave DH.D15.43014, por infracción da normativa en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial do Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7, 9, 15781 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Comunícase que, de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da LPAC, contra o dito acordo cabe recurso potestativo de reposición ante a dirección de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia