Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0137/2021-PPM e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0137/2021-PPM e nove máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 2 de xuño de 2021

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0137/2021-PPM

32681355B

Inicio

Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0138/2021-PPM

32717835J

Inicio

R/ Neda, 2, 3º dta., Ferrol

PSC-FE-0143/2021-PPM

32714342Q

Inicio

R/ Valdoviño,4, 2º D, Ferrol

PSC-FE-0144/2021-PPM

32700404Q

Inicio

Campamento de Pazos, s/n, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0149/2021-PPM

32709971S

Inicio

R/ Narón, 5, 1º esq., Recimil, Ferrol

PSC-FE-0150/2021-PPM

32625622F

Inicio

R/ Pardo Bajo, 6, 2º, Ferrol

PSC-FE-0151/2021-PPM

32664529K

Inicio

Avda. Bello Piñeiro, 54, O Seixo, Mugardos

PSC-FE-0152/2021-PPM

X7172939K

Inicio

A Igrexa, 4, Mugardos

PSC-FE-0153/2021-PPM

32664846Q

Inicio

Rúa Real, 25, Mugardos

PSC-FE-0157/2021-PPM

32717587H

Inicio

R/ Contramaestre Casado, 3, 2º A, Mugardos