Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2021/27-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o día 1 de marzo de 2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTA, LMTS, CS, RBTA e RBTS O Barco-Sobradelo

Situación: Concello do Barco de Valdeorras (Ourense).

Orzamento: 170.990,83 €.

Características técnicas:

• Recuamento de 13 apoios de media tensión das liñas aéreas BDV806 Sobradelo, BDV705 Rubiana-Coba e BDV802 Alixo-Casaio.

• Instalación de 2 novos tramos de LMTS, nas liñas BDV806 Sobradelo e BDV705 Rubiana-Coba.

• Actuación 1. Instalación de novo tramo de 166 m, en condutor tipo LA-110 mm2 Al, sobre 2 novos apoios proxectados, con orixe no apoio C-A-AL-14/2000-E30-CA existente, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 666.109 / Y: 4.699.099, e final no apoio CH-A-AL-15/1000-DC1-CA existente, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 666.660 / Y: 4.698.991.

• Actuación 2. Con 30 m, en condutor tipo LA-110 mm2 Al, sobre o apoio previsto na actuación 1, con orixe no apoio C-A-AG-18/9000-E30-CA proxectado, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 666.540/Y: 4.699.274, e final no apoio C-A-AG-16/3000-CB1-CA existente, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 666.557 / Y: 4.699.229.

• Actuación 3. Dotación de 2 novos apoios e 237 m, de condutor tipo LA-110 mm2 Al con orixe no apoio HVH-A-AL-13/1000-CR1-CA existente, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 668.652 / Y: 4.697.767, e final no apoio C-AG-20/7000-E30-CA proxectado, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 668.965 / Y: 4.697.752.

• Actuación 4. Instalación de 6 novos apoios e 512 m, de condutor, tipo LA-110 mm2 Al, con orixe no apoio C-AG-20/7000-E30-CA proxectado, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 668.965 / Y: 4.697.752, e final no apoio HV-A-AL-15/1000-DC1-CA existente, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 669.537/ Y: 4.697.926.

• Actuación 5. Dotación do 2 novos apoios proxectados e 106 m, de condutor LA-56 mm2 Al, con orixe no apoio C-FL-14/2000-H35-CA proxectado, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 670.180 / Y: 4.697.984, e final no apoio HV-A-AL-S.Tipo-LIRA-CA existente, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 670.180/ Y: 4.697.984.

• Actuación 6. Instalación de novo tramo de 18 m, en condutor tipo LA-56 mm2 Al, sobre apoio proxectado en actuación 5, con orixe no apoio C-FL-14/2000-H35-CA proxectado, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 670.180 / Y: 4.697.984, e final no apoio C-FL-16/1000-H35-CA existente, en coordenadas UTM 29 ETRS89 X: 670.190 / Y: 4.697.999.

• CS (centro de seccionamento) de tipo prefabricado 3L+ 2TC +TT, tensión 20 kV manobra exterior, para restablecer o servizo ao CT CANDIS II (32CS98), expediente núm. 1996/49.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 27 de maio de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense