Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 18 de xuño de 2021 Páx. 30542

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 89/2021, do 2 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Narón da totalidade da estrada AC-114 denominada O Val (AC-116)-Baltar.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Narón solicita á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade da estrada autonómica AC-114 na súa totalidade ao seu paso polo lugar de Baltar, na parroquia do Val, concello de Narón. Basea a súa solicitude na funcionalidade desta vía de carácter local, así como en que non serve de soporte ao transporte interurbano nin dá acceso a un equipamento de interese autonómico.

O Concello de Narón é atravesado polas estradas autonómicas AC-112, AC-114, AC-116, AC-125, AC-566, AC-862 e AG-64. A estrada AC-114 pertence á rede secundaria de estradas de Galicia e ten o seu inicio á altura do punto quilométrico 6+280, marxe esquerda, da AC-116 e discorre na súa totalidade (630 metros) polo concello de Narón.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de xuño de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Narón de:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

AC-114

O Val (AC-116)-Baltar

0+000

X=563.988

Y=4.823.898

0+630

X=563.550

Y=4.824.311

– Modificar o Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia, suprimindo desta relación a estrada AC-114:

Clave

Rede

Denominación

Clave anterior

AC-114

S

O Val (AC-116)-Baltar

AC-114

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Narón deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade o que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponde ao Concello de Narón, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de xuño de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade