Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30150

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021 pola que se dá publicidade a unha encarga de xestión, para o exercicio 2021, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encarga de xestión, para o exercicio 2021, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: encarga da realización da fase III do Bosque de Galicia.

Natureza e alcance da xestión: esta encarga ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: a duración da encomenda será de seis meses desde a sinatura da acta de comprobación da implantación.

Tarifas aplicables: prezos unitarios comprendidos no réxime de tarifas aprobado con data do 20 de agosto de 2013; a excepción dos prezos codificados como ST.04, ST.05, ST.06, ST.07, ST.08, ST.12, ST.13, ST.15, ST.16, ST.19, ST.20, ST.22, ST.23, ST.25, ST.33, ST.35, ST.36, ST.37, ST.39, ST.40, ST.41, ST.46, ST.48, ST.49, ST.50, ST.51, ST.53, ST.54, ST.55, ST.56, ST.57, ST.60, ST.61, ST.63, ST.64, ST.66, ST.68, ST.69, ST.70, ST.71, ST.72, ST.73, ST.75, ST.76, ST.77, ST.78, ST.79, ST.81, ST.82, ST.85, ST.86, ST.87 e ST.88. Estes prezos foron creados a partir de prezos simples das tarifas correspondentes a elementos que se integran en outras unidades de obra aprobadas, e/ou de mercado, segundo se prevé no punto 3.3 da instrución citada con anterioridade.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia