Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio na LMT GON806 en Radio Faro, no concello de Vigo, do cal resulta beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/189-4).

A instalación denominada Substitución apoio na LMTGON806 en Radio Faro, no concello de Vigo, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 26 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Mediante a Resolución desta xefatura territorial, do 15 de abril de 2021, convocouse o levantamento das actas previas á ocupación para o día 25 de maio de 2021. O acto non tivo lugar por non comparecer o alcalde. Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co artigo 57.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, que aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa, comunícase que o día 17 de xuño de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 26 de maio de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co artigo 37.1
do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Substitución apoio LMT GON806 en Radio Faro

Referencia catastral

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

Concello

1

54057A154000250000BB

Treitas prado

Agrario

Descoñecido

1

1,69

Vigo