Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: ICE MNRW Ares I, S.L.
Domicilio social: Paseo da Castellana, 93, 14 andar, 28046 Madrid.
Denominación: proxecto RBTS, LMTS e 2 CT compactos de 400 kVA na avenida dos Castros, 14, 15624 Ares (A Coruña).
Situación: avenida dos Castros, 14, 15624 Ares.
Características técnicas:
Liña de alta tensión soterrada de 15 kV, con inicio e fin na liña de distribución VDC711, entre os CT15CI98 e o 15CVP3, logo de entrar e saír nos CT proxectados, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, lonxitude 104 m (entrada e saída).
Dous centros de transformación compactos de manobra exterior, non prefabricados, en edificio de obra civil. Con celas prefabricadas de seccionamento, seccionamento con telecontrol, protección con seccionador e fusible (24 kV, 400 A) e transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15 /0,40 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia desta autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se consideren pertinente.
A Coruña, 25 de maio de 2021
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña