Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 16 de xuño de 2021 Páx. 30067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 160/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario baixo o número 160/2019, en que figura como interveniente Euroconstrucciones 166, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 14.9.2021 ás 13.20 e 13.25 horas, respectivamente.

Atopándose a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente, cumprindo o disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza