Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario baixo o número 159/2019, en que figura como interveniente Encon Procesos, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 14.9.2021 ás 13.10 e 13.15 horas, respectivamente.
Atopándose a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente, cumprindo o disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma a este.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021
A letrada da Administración de xustiza