Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadavia

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de protección de infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo en Santo André de Campo Redondo, Ribadavia.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia do 24 de maio de 2021, en exercicio da competencia delegada polo Decreto da Alcaldía do 24 de febreiro de 2021, aprobouse inicialmente o Plan especial de protección de infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo en Santo André de Campo Redondo, Ribadavia, redactado polo arquitecto Juan Carlos Cabanelas Rodríguez e da que é promotora Bodegas Casal de Armán, S.L.

De conformidade co artigo 75.1 da Lei 1/2016, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese á información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

O expediente administrativo pódese consultar presencialmente nas dependencias municipais, en horario laborable, de luns a venres.

Así mesmo, para os efectos do establecido no artigo 47.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, faise público que no devandito acordo se conveu a suspensión do procedemento do outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do plan especial.

Ribadavia, 25 de maio de 2021

Noelia Rodríguez Travieso
Alcaldesa