Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29877

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle da parcela EQ-2 do parque empresarial da Sionlla.

A Xunta de Goberno local da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 7 de xuño de 2021, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle da parcela EQ-2 do parque empresarial da Sionlla, formulado de oficio polo Concello de Santiago e elaborado polos servizos técnicos de Planeamento en xuño de 2021.

b) En aplicación do procedemento regulado polos artigos 80.2 da LSG e 194 do seu regulamento, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individual aos titulares catastrais das parcelas afectadas.

O que se publica a fin de que, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida a exposición pública estará ao dispor dos interesados no Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago (Pazo de Raxoi, 2º andar), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas; e na páxina web do Concello https://transparencia.santiagodecompostela.gal/Estudo-de-detalle-da-parcela-EQ-2-do-Parque-empresarial-da-Sionlla/gl

As alegacións deberán presentalas, preferentemente, na sede do Concello de Santiago de Compostela na epígrafe Catálogo de trámites a través do trámite «Presentación de documentación e alegacións» e da opción «Achega libre». Deberá introducir o dato 2021/00024700X no campo «Código do expediente» e incorporar o documento das alegacións.

Tamén pode presentar, con cita previa, a documentación nos rexistros do Concello de Santiago ou por calquera outro medio establecido nas disposicións vixentes.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2021

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño de 2019)
Mercedes Rosón López
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica